Axenda Fundación
| Fase Final Infantil |
| Villalbés |
| Racing I. Club Ferrol |
22/06/13
|
| Táboa |
Calendario |
Efemérides
- 1 novembro 1916
- Legalízase o Jaime I F.C., antecesor directo do Racing.
- 17 abril 1919
- O Racing xogou o seu primeiro partido ante o Ucraína no campo da Graña, conseguindo a primeira vitoria da súa historia ao gañar por 3-2.
- 13 xullo 1919
- Inaugúrase oficialmente o campo de Sport de Caranza nun partido entre Racing Club e Deportivo.
- 20 outubro 1919
- O Racing Club inscríbese na FGCE.
- 29 maio 1921
- INAUGÚRASE oficialmente o campo do Inferniño cun partido entre o Racing e o Avenç do Sport de Barcelona.
- 14 agosto 1921
- O Racing xoga o seu primeiro partido fóra de Galicia, un encontro amigable ante o Badalona F.C. en Cataluña.
- 26 marzo 1922
- O mítico Manuel Rivera viste por primeira vez a camiseta do Racing.
- 13 setembro 1925
- Primeiro partido do Racing no estranxeiro contra o Sport Comercio e Salgueiros de O Porto, gaña o Racing por 1-4.
- 4 decembro 1928
- O Racing proclámase campión galego por primeira vez.
- 1 xaneiro 1929
- O Racing vence ao F.C. Barcelona por 2-7 nun amigable disputado en Lles Corts.
- 27 xaneiro 1929
- Falece Manuel Cancela primeiro capitán verde, fundador do Racing e ídolo popular dos anos vinte.
- 21 maio 1936
- O Racing vence por 5-1 ao Deportivo e adxudícase a copa "Xeral Aranda", Torneo Galego.
- 25 xuño 1939
- Subcampeonato de España tras xogar a final da "Copa do Generalísimo" ante o Sevilla F.C. en Barcelona.
- 20 abril 1947
- O Club Ferrol vence ao Real Madrid C.F.no Inferniño por 2-1 na primeira rolda da Copa de España.
- 1964
- O Club Ferrol gaña por segunda vez o "Trofeo Concepción Arenal" derrotando nun triangular ao Celta de Vigo e ao Deportivo da Coruña.
- 29 xuño 1967
- O Club Ferrol conquista o "Trofeo Teresa Herrera" ao vencer na final ao Celta de Vigo por 3-0.
- 16 marzo 1969
- Conséguese a maior cifra de socios na historia do club, 6.500 abonados.
- 18 abril 1993
- Primeiro partido no campo da Malata entre Racing e Atlético de Madrid B con vitoria racinguista por 3-2.
- 29 agosto 1993
- Inauguración oficial do Estadio Municipal da Malata. Un derbi entre Celta e Deportivo que conseguiu encher o estadio, e que terminou con empate a cero goles.
- 25 xuño 2000
- Conséguese o ascenso á segunda división “A” logo de 22 anos, ao empatar a dous goles no campo da Malata ante o Ceuta.
- 6 agosto 2000
- O Racing adxudícase o "Trofeo Emma Cuervo" ao derrotar ao Deportivo, vixente campión de Liga.
- 26 xullo 2001
- Transformación do Racing en Sociedade Anónima Deportiva. Asínase, ante o Notario, a Escritura Pública de constitución do Racing Club Ferrol, S.A.D.
- 3 agosto 2002
- O Racing enfróntase ao Salamanca no LI Trofeo “Emma Cuervo”, ao que vence na quenda de penaltis.
- 30 abril 2003
- Asínase o acta fundacional da “Fundación Racing Club Ferrol”.
- 6 agosto 2003
- Vitoria no XXX Trofeo “Cidade de Pontevedra” ao derrotar ao conxunto granate por 0-1.
- 26 xuño 2004
- Conséguese o ascenso á 2ª división “A”, só un ano despoís de descender de categoría.
- Agosto 2004
- O Racing adxudícase o XII Memorial “Héctor Rial” ao derrotar ao Pontevedra por 0-1.
- 9 agosto 2005
- O conxunto verde adxudícase o XLVI Trofeo “Concepción Arenal” ao derrotar ao Sporting de Xixón por 1-0.
- Agosto 2005
- Vitoria no LIV Trofeo “Emma Cuervo” ante o Real Oviedo por 2-0.
- Xuño 2006
- O Racing descende a 2ª división “B”, logo de dúas tempadas consecutivas en 2ª división “A”.
- 25 agosto 2006
- Asínase o acta fundacional da “Escola de Fútbol Racing C. Ferrol”.
- 23 xuño 2007
- O Racing volve conseguir o ascenso a 2ª división “A”, tras vencer nas eliminatorias da Fase de Ascenso a Linares e Alacante.
- 8 agosto 2007
- O Racing adxudícase a XLVIII edición do Trofeo “Concepción Arenal” ao derrotar ao Pontevedra por 4-0.
- 19 agosto 2007
- O Racing adxudícase a XIX edición da Copa Deputación da Coruña ao vencer na final ao C.D. As Pontes por 3-2.
- Xuño 2008
- Descéndese a 2ª división “B”, tras finalizar a liga regular en 19ª posición ao sumar 50 puntos.
- 15 agosto 2008
- O Racing gaña o XXXVII Trofeo “Concello de Mugardos” ao derrotar ao Gª Mugardos por 1-3.
- 20 decembro 2008
- O Racing adxudícase o XXX Trofeo “Cidade de Narón” ao derrotar ao Narón B. Piñeiros por 3-1.
- 8 agosto 2009
- O Racing adxudícase o LVIII “Emma Cuervo” ao derrotar ao C.D. Lugo por 2-1.
- 15 agosto 2009
- Vitoria no XXXVIII Trofeo “Concello de Mugardos” ante o Gª Mugardos por 0-3.
- 16 agosto 2009
- O Racing adxudícase o Trofeo “San Roque” ao derrotar ao Betanzos por 1-2.
- 22 agosto 2009
- O Racing adxudícase o XXXI Trofeo “Concello de Narón” ao derrotar ao Celta de Vigo por 1-0.